Duplicate entry '30590-2025-0-231' for key 'PRIMARY';
O LIES_GA organiza unha serie de charlas informativas na USC baixo o título Coñece a Economía Social Galega
¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O LIES_GA organiza unha serie de charlas informativas na USC baixo o título 'Coñece a Economía Social Galega'

15/10/2021

Alumnado de primeiro e cuarto curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas participa nas xornadas

O Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA) organizou a súa primeira actividade o pasado mes de setembro. Baixo o título 'Coñece a Economía Social Galega', o día 28 impartíronse catro charlas informativas destinadas ao alumnado de primeiro e cuarto curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela.

O estudantado, pertencente ás materias de Fundamentos de Dirección de Empresas e Dirección Financeira II respectivamente, puido coñecer as nove tipoloxías de entidades que conforman a economía social galega como son as cooperativas, as empresas de inserción, as confrarías de pescadores ou as fundacións, e comprobar que esta fórmula empresarial é válida para todos os modelos de negocio.

As sesións foron impartidas por Ana Olveira, doutoranda de Economía e Empresa da USC, investigadora adxunta ao Centro de Estudos Cooperativos e unha das promotoras do LIES_GA, e Álex Pereira, técnico en cooperativismo e experto en economía social.

Con este tipo de accións o Laboratorio de innovación e economía social de Galicia busca asentar no alumnado unha base formativa en materia de economía social e innovación social que impulse o coñecemento das potencialidades de ambas como elementos catalizadores do cambio.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar